Help file |
||
Read me |
||
Arquivo de Axuda |
||
CONTENTS of the CD: -a
link to our web site for the project, and a link to a fundamental
Galizan author,
Castelao, dead in America as an exiled; a link to Nunca
Máis/ Never Again organizations platform web site; and a link to the
official web site of our Town Council (available in English). Search https://iespaz-andradecomeni.tripod.com/ for more news. Keep in touch!
|
Leme |
||
CONTIDO
do CD: Encontrarás: -a capa do CD para imprimires carátulas para as túas posíbeis copias, no arquivo CDsComenius.ncd, que se abre co programa Nero (versión de proba a descarregar en http://www.nero.com) -o video da noticia ofrecida pola TVG no telexornal do venres 24 de Xaneiro e parte da toma efectuada no ximnasio durante a Sesión Comenius de Xogos. Son arquivos .mpg aptos para calquera visor de video como p. ex. o Media Player. Acende antes os altofalantes. -3 presentacións en Powerpoint coa maioría das fotos do CD. Pódense ver sen necesidade de ter instalado o programa pois vai incluído un visor do Ppoint. Todas as fotos están tamén en cartafois á parte, e con mellor calidade. -9 ficheiros de Publisher (os trípticos realizados polo alumnado de Turismo), tres diferentes, en galego, castelán e inglés. Para poder abrilos fai falta a mesma versión do programa que a utilizada para a súa creación. -2 fontes galegas, Gallae˜1.ttf ("Gallaecia1") e Nova_ou.ttf ("Nova Outubro"), baseadas nos caracteres creados por Afonso R. Castelao. Instálaas mediante Menú Inicio\Configuración\Panel de Control\Fontes\Arquivo\Instalar nova fonte\ Examinar\Fontes -no CD- (instala ambas premendo a tecla Ctrl). Utilízaas normalmente desde os teus programas de edición de textos (Word, etc.). -a tarxeta postal en prol da PAZ que foi asinada polas cinco escolas participantes no Encontro durante a reunión do venres 24 Xaneiro, os dous lados en formato .jpeg, e a imaxe tamén en .bmp para unha óptima impresión. -un documento en .htm presentando as nosas escolas, con vínculos aos seus sitios na internet. -un enlace ás nosas páxinas do proxecto, e máis un vínculo ao noso fundamental Castelao, finado en América no exilio en 1950; ao sitio web da plataforma Nunca Máis; e ao sitio oficial do noso Concello. Esperamos que funcionen os vínculos e o autoarranque, e que che guste. Máis unha vez, foi un pracer reunirnos novamente, desta vez -con orgullo e felizmente- na nosa/vosa escola, e cidade, galega. Voltade cando quixerdes (e, por suposto, avisádenos). Busca máis noticias nosas en https://iespaz-andradecomeni.tripod.com/ e non perdas o contacto.
|