CORRELÍNGUA 2001                                      
                       NON FIQUES COA LINGUA DE FORA                      

8 de Maio: Vigo e Ponteareas   /   9: Ourense   /   10: A Coruña   /   11: O Ferrol, Tui, Oia, Guillarei   /
/   14: Pontevedra   /   15: Lugo   /   16: Compostela


manifesto nacional    programas de Vigo e Ponteareas   formulários de inscrición   tarxetas   créditos

Pasados catro anos desde a última edición en Vigo da Carreira pola Língua (1997), e sen que nada, nen a Xunta nen o cámbio de século e milénio, detivese o progresivo descenso de uso da nosa língua entre as novas xerazóns, a Coordenadora Comarcal das Equipas de Normalización Lingüística dos centros de ensino, xunto coas outras entidades organizadoras, queremos chamar a atención de toda a xente nova e ensinantes, en positivo, para participar nesta reflexión e nas actividades que, o dia 8 de Maio, farán de Vigo e do Condado os pontos de partida dunha Marcha nacional -cooperativa e non competitiva- pola Língua, que, percorrendo o país a través das sete grandes cidades e  outras comarcas, chegará a Compostela na véspera das Letras Galegas.

Convencidas e convencidos da importáncia de avanzarmos e de marchar  sempre para adiante, convocamos a toda a Comunidade Educativa a participar, desde os vosos centros de ensino, no certame artístico-literário, e a saír à rua na Marcha pola Língua o 8 de Maio, mais sobre todo animamos-vos a manter o orgullo e o uso diário da língua que nos identifica e pola que todo o mundo nos recoñece.

                        NON FIQUES COA LINGUA DE FORA                          
- manifesto nacional -

 

S

omos a tribo dos falantes de falas prohibidas.

Somos o clan dos inconformes, dos rexos e leais, dos que non se resignan á indignidade.

Somos a voz dos sen-voz, a vangarda dos que rexeitan usar falas prestadas para non ficaren orfos de pensamentos.

Somos a asemblea permanente dun pobo que cre no seu futuro.

 

S

omos os obreiros da terra, as labregas do mar, os mariñeiros do metal e da madeira.

Somos as médicas, os enxeñeiros, as artistas, os militantes de base e as pasotas.

Somos os poetas, as sabias, os estúpidos, as miserábeis e os santos, os meigos, as atletas.

Somos os estudiantes, as profesoras, os sacerdotes de todas as relixións, as fieis a ningunha relixión.

Somos os xenerais e os soldados, os amigos e os inimigos, as de aquí e as de acolá, os da esquerda, as da dereita, os do centro.

Somos os vilegos, as aldeás, as que nacemos dentro e os que nacemos fóra do mapa.

Somos os homes e as mulleres, as nenas e nenos, os anciáns, os vivos e os mortos.

Somos un pobo enteiro cheo de vida, de enerxía constructiva e solidaria.

Velaquí a nosa voz, resgatada do esquecemento, do encono, da submisión.

       

E

 estamos hoxe aquí, como estivemos onte, como estaremos mañá, para manifestar o dereito que nos asiste a recuperar o que nos foi roubado.

A nosa lingua, o noso tesouro, o ben máis prezado, sen o cal nunca volveremos ser ninguén.

Porque o pobo que carece de voz propia non ten nada que dicir nin que reclamar nin que esixir na asemblea dos pobos do mundo.

 

A

 lingua fainos libres, permítenos dialogar co universo, recoñecer a nosa xeografía e construír a nosa historia día a día.

A lingua dinos quén somos e quén non somos, dinos cultura, dinos orde, traballo, dinos colaboración e prosperidade.

E fainos distintos e iguais aos demais pobos da terra.

   

A

lgúns tratan de convencernos de que a nosa lingua é incultura, é atraso e deshonra.

Tratan de convencernos con manobras sutís da conveniencia de adoptarmos outra lingua que presentan como paradigma da civilización, da modernidade, do éxito.

E cando as manobras subtís non son suficientes, adoptan as armas da forza, da ameaza, da desinformación, do engano.

seguinte coluna

 

M

oitos acaban por renderse á tiranía da necesidade; outros que poden elixir sucumben ao agasallo envelenado; algúns incluso colaboran no exterminio con saña infame.

 

P

ero unha parte inmensa do pobo apercíbese da dimensión imperialista do troco ao que o obrigan, e comprende que sen lingua de seu non poderá ter conciencia nin dignidade.

E ese pobo resiste todas as forzas contrarias e mantense no uso da lingua propia; cinco longos séculos de insubmisión que son outros tantos enormes chanzos cara ao triunfo, velaí a forza deste patrimonio que augura un porvir luminoso, a anunciada alba de gloria.

S

omos as fillas e os fillos de Galiza que herdaremos no futuro inmediato a terra fecunda, o mar bravío e xeneroso,
as fábricas do progreso,
as oficinas das institucións,
os escenarios da arte,
os hospitais, os colexios,
as estradas, as minas e o ceo,
e non aceptaremos
para a nosa comunicación outra lingua que non sexa a lingua de Galiza.

 

D

esde a tribuna da rúa vimos a facer reclamación pacífica do dereito que nos asiste a instalarnos a vivir na nosa propia lingua-casa,
a viaxar na nosa propia lingua-dorna,
a traballar coa nosa propia lingua-martelo,
a deleitarnos co recendo da nosa propia lingua-caravel,
a alimentar os nosos estómagos coa nosa propia lingua-pan,
a mercar e vender na nosa propia lingua-feira,
a cortexar a parella coa nosa propia lingua-amor.

 

O

 futuro é noso, nós somos o futuro, e no futuro a lingua permanecerá nas nosas gorxas e no noso pensamento.

 

P

ero no en tanto, esiximos de vós, os que detentades os resortes do poder, que cumprades coa vontade popular maioritaria de restituír o galego ao estatus que lle corresponde como lingua primeira do país.

Esiximos que cumprades e fagades cumprir as leis con todas as forzas que outorga a xustiza nun Estado de dereito.

E esiximos o máximo prestixio para a nosa voz propia, o inestimábel legado dos que forxaron a nosa conciencia e a nosa nobreza, a irrenunciábel ferramenta para a consolidación dun futuro esperanzador.

 

N

ós somos o futuro de Galiza. Somos galegas e galegos e falamos galego. Porque só falando galego somos galegas, somos galegos.

 

                         NON FIQUES COA LINGUA DE FORA                           
- programas de Vigo e Ponteareas, 8 de Maio -

O programa comprende tres momentos conxuntos e complementários cunha única inscrición:
1.  Un certame artístico-literário prévio que se desenvolverá en cada centro de ensino ou entidade participante
2.  A Marcha pola Língua
3.  Unha festa final, con agasallos, música, ...

 

CERTAME
ARTÍSTICO-LITERÁRIO

Certame non competitivo para a realización de tarxetas-postais, por ambos lados, deseño e texto, e ambos relacionados coa Língua Galega e/ou a Marcha pola Língua, de acordo coas seguintes

BASES

1. Poderán participar todas aquelas persoas, sen límite de idade, que se inscriban na Marcha pola Língua e máis as suas compañeiras e compañeiros do mesmo centro de ensino ou asociación.

2. Utilizarán-se como soporte as tarxetas que se xuntan ou cartolinas de tamaño semellante.

3. Os deseños serán orixinais e realizados con calquer técnica: ceras, témpera, colaxe, etc. e alusivos ao tema da convocatória.

4. Os textos serán orixinais en galego e versarán sobre a língua galega ou a Marcha, podendo ser en prosa ou verso, de carácter literário ou epistolar, un lema orixinal, etc., etc. a elexir segundo a idade dos participantes.

5. As tarxetas poderán ser elaboradas de forma individual ou cooperativa ainda que cada persoa participante entregará un exemplar único e diferente.

6. Cada tarxeta incluirá un selo de correos novo de 30 pesetas, e conterá un remite que personalice (sen identificar necesariamente) sinalando idade, nome e/ou centro de ensino ou asociación.

7. Haberá mencións honoríficas para os traballos de maior calidade durante o festival posterior à Marcha pola Língua do 8 de Maio.

8. Os traballos exporán-se no Concello e serán posteriormente enviados à Dirección Xeral de Política Lingüística.

9. Os centros e persoas participantes aceptan, polo feito da sua participación, as presentes bases.

ir a  programa Marcha -->   

 

MARCHA POLA LÍNGUA

Marcha non competitiva.

Cada centro educativo e colectivo participante inscribirá o seu alunado ou membros antes do dia 4 de Maio mediante as correspondentes follas de inscrición (por fax, no 986 26 28 44), e entregará as tarxetas postais do Certame Artístico-Literário, nos seguintes enderezos, segundo a comarca (contactos no tel. 986 37 17 00):

Coordenadora Comarcal das ENLs de Vigo,
IES Valentín Paz Andrade
Estrada Vella de Madrid, 160 (36200 Vigo), ou Aptdo. Correos 1548 (Vigo)
 

Coordenadora Comarcal das ENLs do Condado
IES Pedra da Auga
rua Feliciano Barrera s/n (36860 Ponteareas)

Antes da Marcha recollerán-se os dorsais. Os números servirán para o sorteo dos agasallos.

A Marcha pola Língua partirá, simultaneamente, desde Vigo e O Condado, o dia 8 de Maio de 2001 às seguintes horas e con estes percorridos: 

-en Vigo, saída entre as 10:30 e 11 horas: Parque de Castrelos – Praza de América – Avda. de Castelao – rua de Manuel Castro – Avda. de Balaídos – Castrelos. 

-en Ponteareas, saída entre as 11 e as 11:30 h.: Parque da Feira Vella - cruce do Paseo Matutino - Concello - Praza de Bugallal - rua de Emilio Rodríguez - Parque da Feira Vella. 

Habilitará-se un percorrido alternativo para Ed. Infantil no interior dos parques de Castrelos (Vigo) e da Feira Vella (Ponteareas).

Inaugurarán cada Marcha os deportistas e escritores galegos Pablo Coira e Pablo Couñago, do R. C. Celta, e Fran Alonso; e Álvaro Pino e Alfonso Pexegueiro.

 

FESTA FINAL
Pablo Coira, Pablo Couñago e Fran Alonso; e Álvaro Pino e Alfonso Pexegueiro (en Vigo e Ponteareas respectivamente) lerán o manifesto nacional e pasarán o relevo à seguinte cidade: Ourense, onde a Marcha pola Língua continuará o seu percorrido; distribuirán-se os agasallos e bebidas entre as e os participantes, e contaremos coas actuacións de Migallas en Vigo e de Gaitas, Charanga e Banda Xuvenis do Condado en Ponteareas.
Os agasallos son doados polas seguintes empresas e entidades colaboradoras às que agradecemos profundamente o seu apoio e aportacións:
A Nosa Terra,            Ir Indo Ed.,           Ed. Do Cúmio,            Ed. Xerais de Galicia,      Papelária,
Libraria
Cartabón,              Libraria  Andel/ www.andelvirtual.com
A
guas de Mondariz,         Consum,          Trina,            Covelo,              Fruitas Vilar Baiona,
Asociación de Comerciantes de Ponteareas,           R. C. Celta de Vigo,               Multicines Séptima Arte
C
aixaGalicia,              Xabarin Clube TVG.


                                NON FIQUES COA LINGUA DE FORA                                   

Apoiamos e colaboramos:


A. Pexegueiro


Á
lvaro Pino


Pablo Coira


Fran  Alonso


Pablo G. Couñago


                Oink

Asociación Cultural Nao Senlleira

Patrocinamos:


Concello de Vigo

e as empresas antes citadas

Organizamos:

    

           Coordenadoras
C
omarcais de Normalización      Lingüística
              de Vigo e   do  Condado



A.N.P.As do Condado
Federación Olívica de A.N.P.A.S.
Nais e Pais polo Ensino en Galego

manifesto nacional    programas de Vigo e Ponteareas   formulários de inscrición   tarxetas

                         NON FIQUES COA LINGUA DE FORA                           
MARCHA POLA LÍNGUA
participa !!!        En Vigo e Ponteareas, o 8 de Maio -                participa !!!
__________________________________________________________________________________________________________________