Por favor, reenvia esta mensaxe a quen lle poida interesar.

Afectad@s por unha inestabilidade orixinada na política educativa da Administración, 
andamos á procura de máis compañeir@s

na mesma situación para tentar conseguir unha solución colectiva e satisfactoria. 

(preme no sobre para contactar con nós)

Colectivo de Mestras e Mestres afectad@s pola adscrición do 96

A nosa situación actual comeza no 96, cando a Consellería nos dá uns destinos con carácter definitivo. Desde entón (como se cambiasen de opinión), alguns tardaron ou non se incorporaron, ofértansenos destinos "funcionais",
... e polo ar paira a nosa supresión.
Posto que fomos recolocados por unha adscrición deseñada pola Admón. e que a situación administrativa dos nosos postos non variou
(non nos afecta a falacia da baixa natalidade e si a política de concertos)

RECLAMAMOS:

Ø a continuidade e potenciación da oferta de ensino público nas nosas zonas
Ø a estabilidade nos nosos destinos (ata concurso voluntario ou xubilación)
Ø claridade e transparencia nas actuacións
Ø os postos do 1ºciclo da ESO indefinidamente para o corpo de Primaria

Hai que lembrar que @s compañeir@s adscrit@s daquela a centros que non se construíron acadaron entre tod@s unha solución, tendo as duas situacións a mesma raíz.

Contacta con nós. Xa somos vintetantos!!!
Se estás no noso caso, mándanos o teu nome, centro de destino e forma de contacto.
Por favor, Reenvia esta páxina e o correo recibido.

   èActuacións realizadas desde finais do curso pasado:
reunións do colectivo;
contactos cos sindicatos; entrevistas con Inspección Zonal, Xefa de Persoal Provincial, Delegado Provincial, Director Xeral de Persoal de Primaria; solicitude de entrevista coa Dirección Xeral de Persoal; circular aos sindicatos.