CorreLínguA 2001 manifestos locais CorreLínguA 2001

volta à principal

 

Vigo

O_Condado

 

   
 

 

 
 

non fiques coa língua de fóra

 
 

manifesto de Vigo:

 

Ola todas e todos:

Hoxe estamos aquí, reunidos, no parque de Castrelos de Vigo, para correr a favor do galego, a lingua deste país. Hoxe iniciamos nós, desde aquí, o Correlingua, unha carreira alegre, divertida, amizosa, combativa e non competitiva que nos vai levar por toda Galicia. Hoxe estamos en Vigo e en Ponteareas. Mañá, a carreira continúa en Ourense e logo tomarán o relevo na Coruña, Ferrol, no Rosal, Tomiño, Tui, Oia, Pontevedra, Lugo, A Mariña e rematará o 16 en Santiago de Compostela.

Así que xa sabedes. Correde a favor da lingua. E falade galego porque iso vos fai distintos, máis vosos, máis seguros, máis espabilados, máis conscientes. Ademais galego é unha lingua milagrosa que cura enfermidades como a impaciencia, a os nervios, os granos da cara, os pés planos, a dor de cabeza, as feridas das pelexas, as dores de amor, as indixestións, os enfados entre amigos, a gripe e moitas outras cousas.

Correde a favor da lingua porque falar galego crea hábito: engancha, pero non mata como a droga. Cando un empeza a falalo, logo xa non o pode deixar nunca máis; e ese é un privilexio que só teñen os que o falan.  Ademais, falando galego pérdeselle o medo á noite, porque é sabido que os que falan a nosa lingua son moito máis valentes.

Correde a favor da lingua porque falar galego abre o apetito e dá unha ganas desmesuradas de comer, por exemplo, unha cebola, unha sandía rectangular, unha vaca voadora, unha xirafa sen pescozo, un elefante con corbata, un baobad con anorexia, un dragón panzudo, un planeta vermello e todas as estrelas do firmamento.

Correde a favor da lingua porque o galego ten o espírito do rock bravú: os que o falan son arroutados, paixonais, teñen sentidiño, virtuosismo e cosmopolitismo, por iso se pode dicir que están aquí e en todas partes ao mesmo tempo.

Por iso hoxe, todos vos, que o falades ou que a partir de agora o ides falar, queredes correr a favor do galego. Adiante pois. E que a lingua corra convosco. Viva o galego. Viva.

Fran Alonso, Vigo 8 de Maio.
Correlíngua 2001.
Manifesto local lido ás e aos linguatletas da xornada viguesa.


Versión levada a Ourense desde Vigo e O Condado por Fran Alonso:


Ola todas e todos:

Hoxe estamos aquí reunidos, convosco, en Ourense, para correr a favor do galego, a lingua deste país. Nós vimos desde Vigo e desde Ponteareas a traervos o relevo para esta carreira alegre, divertida, amizosa, combativa e non competitiva que nos vai levar por toda Galicia defendendo, orgullosos, a nosa lingua. Onte estabamos en Vigo e Ponteareas, hoxe estamos en Ourense, e mañá tomarán o relevo na Coruña e logo en Ferrol, no Rosal, Tomiño, Tui, Oia, Pontevedra, Lugo, A Mariña e rematará o 16 en Santiago de Compostela.

Así que xa sabedes. Correde a favor da lingua. E falade galego porque iso vos fai distintos, máis vosos, máis seguros, máis espabilados, máis conscientes. Ademais galego é unha lingua milagrosa que cura enfermidades como a impaciencia, a os nervios, os granos da cara, os pés planos, a dor de cabeza, as feridas das pelexas, as dores de amor, as indixestións, os enfados entre amigos, a gripe e moitas outras cousas.

Correde a favor da lingua porque falar galego crea hábito: engancha, pero non mata como a droga. Cando un empeza a falalo, logo xa non o pode deixar nunca máis; e ese é un privilexio que só teñen os que o falan.  Ademais, falando galego pérdeselle o medo á noite, porque é sabido que os que falan a nosa lingua son moito máis valentes.

Correde a favor da lingua porque falar galego abre o apetito e dá unha ganas desmesuradas de comer, por exemplo, unha cebola, unha sandía rectangular, unha vaca voadora, unha xirafa sen pescozo, un elefante con corbata, un baobad con anorexia, un dragón panzudo, un planeta vermello e todas as estrelas do firmamento.

Correde a favor da lingua porque o galego ten o espírito do rock bravú: os que o falan son arroutados, paixonais, teñen sentidiño, virtuosismo e cosmopolitismo, por iso se pode dicir que están aquí e en todas partes ao mesmo tempo.

Por iso hoxe, todos vos, que o falades ou que a partir de agora o ides falar, queredes correr a favor do galego. Adiante pois. E que a lingua corra convosco. Viva o galego. Viva.

Fran Alonso, Ourense 9 de Maio.
Correlíngua 2001.
Manifesto de enlace lido ás e aos linguatletas da etapa ourensana.


manifesto de Ponteareas:

Gracias a todos os aquí presentes por participar nesta marcha pola língua que, anque soe a paradoxa, se celebra para que os galegos non esquezamos o galego, e para que os que non falan galego respeten o noso idioma como nós respetamos os idiomas deles. Non pedimos un imposible. Somos galegos e os galegos falamos galego. Polo que non é ningunha barbaridade querer desenvolver e construir o noso mundo co noso idioma e no noso idioma, senón unha necesidade, tento psicolóxica como social e cultural. O idioma forma parte de nós. Igual que as partes do noso corpo, e, coma éste, dásenos por nacemento. Así que falar e escribir en galego é un dereito que se ten que respetar. Quen rexeita o seu dioma está rexeitándose a si mesmo, ou unha parte de si mesmo. E aceptarse a si mesmo é o primeiro paso para despois aceptar ós demáis e poder convivir con eles en paz. Neste novo século o idioma galego ten que deixar de ser un idioma de resistencia para converterse nun idioma de acción e de convivencia. Foron os nosos devanceiros os que resistiron, e en situacións moito máis difíciles. A nós tócanos agora recoller esa fermosa herdanza e construir un mundo en galego de liberdade e en paz. Hoxe, os que estamos aquí en Ponteareas, e os que participan neste Correlíngua en Vigo, Ourense, A Coruña, Ferrol, Guillarei, Oia, Tui, Pontevedra, Lugo e Santiago, así como os que o apoian, formamos todos unha árbore de máis de cen mil flores dos cales froitos multiplicaranse. Porque a Árbore da Fala é a Árbore da Liberdade e da Paz.

Alfonso Pexegueiro, Ponteareas, 8 de maio de 2001.
Correlíngua 2001.
Manifesto local lido ás e aos linguatletas da xornada do Condado.


 

non fiques coa língua de fóra

arriba

   
 

non fiques coa língua de fóra