Help file

Read me

Arquivo de Axuda

Leme.

CONTENTS of the CD:
This is a collection of some materials for you as a remember of our Comenius meeting in Vigo (Galiza, Spain), 22 to 26 of January of 2003.
The main ones are linked from the indexfile.htm, which -if it works as expected and the system option is abled- it should be open since the autoexecutable menu (Menu.exe) shown on the screen when inserting the CD in the unit.
Use the indexfile.htm to browse the most important ones easily. Or search straight ahead with your browser for some other files.

You will find:
- the CD cover for any copies you may wish, as CDsComenius.ncd file. Open the file with the Nero application (demo version available in http://www.nero.com )

-the news of our project as they were watched on Galizan tv (TVG) that Friday 24 Jan. and some of the takes at the gym during the Comenius Games Session, as .mpg files. They will fit likely any video viewer, as Media Player. Switch on your speakers! Read a translation into English here.

-3 Powerpoint presentations with the most of the photos in the CD; it is supposed you needn't have the application in your pc as the cd contains a Ppoint viewer. The photos in the presentations are also contained individually in the folders (and in their best quality).

-9 Publisher files (brochures -Tourism students), three out of each in English, Galizan and Spanish. You will need the same version number of the application used to create them.

-2 Galizan fonts, Gallae˜1.ttf ("Gallaecia1") and Nova_ou.ttf ("Nova Outubro"), based on Afonso R. Castelao's typefaces. Install them through Start Menu\ Configuration\ Control Panel\ Fonts\ File\ Install a New Font\ Browse\ CD-ROM unit\ Fonts folder in the CD (select both fonts using Ctrl key). Use them in your edition programs next to the other ones you have.ò

-the postcard for Peace signed by all the five partner schools in our meeting during the session on Friday 24, both face and back as .jpeg, and also the picture in a .bmp better format for printing.

-an .htm file introducing our schools, with links to their websites

-a link to our web site for the project,  and a link to a fundamental Galizan author, Castelao, dead in America as an exiled; a link to Nunca Máis/ Never Again organizations platform web site; and a link to the official web site of our Town Council (available in English).

We hope you be able to run it and you like it. 
Once more, it is been a great pleasure to have met us all again, this time -proud and happily- at (y)our Galizan school and town. Get back whenever -and, of course, let us know!

Search http://iespaz-andradecomeni.tripod.com/ for more news.

Keep in touch!


ies.paz.andrade@edu.xunta.es


Arquivo de Axuda

Leme

CONTIDO do CD:
      Velaquí tes unha compilación dalgúns materiais para lembranza do encontro Comenius de Vigo (Galiza) celebrado entre os días 22 e 26 de Xaneiro de 2003. Aos máis relevantes accédese desde o documento índice (.htm), o cal -se todo vai ben e tes a opción de autoarranque habilitada- poderás abrir desde o menú autoexecutábel (Menu.exe) que che aparecerá en pantalla ao inserires o disco na unidade. Utiliza ese documento índice para navegar polos contidos fundamentais; ou o explorador do sistema para veres directamente todo o que hai no CD.

    Encontrarás:

    -a capa do CD para imprimires carátulas para as túas posíbeis copias, no arquivo CDsComenius.ncd, que se abre co programa Nero (versión de proba a descarregar en http://www.nero.com)

    -o video da noticia ofrecida pola TVG no telexornal do venres 24 de Xaneiro e parte da toma efectuada no ximnasio durante a Sesión Comenius de Xogos. Son arquivos .mpg aptos para calquera visor de video como  p. ex. o Media Player. Acende antes os altofalantes.

    -3 presentacións en Powerpoint coa maioría das fotos do CD. Pódense ver sen necesidade de ter instalado o programa pois vai incluído un visor do Ppoint. Todas as fotos están tamén en cartafois á parte, e con mellor calidade.

    -9 ficheiros de Publisher (os trípticos realizados polo alumnado de Turismo), tres diferentes, en galego, castelán e inglés. Para poder abrilos fai falta a mesma versión do programa que a utilizada para a súa creación.

    -2 fontes galegas, Gallae˜1.ttf ("Gallaecia1") e Nova_ou.ttf ("Nova Outubro"), baseadas nos caracteres creados por Afonso R. Castelao. Instálaas mediante Menú Inicio\Configuración\Panel de Control\Fontes\Arquivo\Instalar nova fonte\ Examinar\Fontes -no CD- (instala ambas premendo a tecla Ctrl). Utilízaas normalmente desde os teus programas de edición de textos (Word, etc.).

    -a tarxeta postal en prol da PAZ que foi asinada polas cinco escolas participantes no Encontro durante a reunión do venres 24 Xaneiro, os dous lados en formato .jpeg, e a imaxe tamén en .bmp para unha óptima impresión.

    -un documento en .htm presentando as nosas escolas, con vínculos aos seus sitios na internet.

    -un enlace ás nosas páxinas do proxecto, e máis un vínculo ao noso fundamental Castelao, finado en América no exilio en 1950; ao sitio web da plataforma Nunca Máis; e ao sitio oficial do noso Concello.

     Esperamos que funcionen os vínculos e o autoarranque, e que che guste.

    Máis unha vez, foi un pracer reunirnos novamente, desta vez -con orgullo e felizmente- na nosa/vosa escola, e cidade, galega. Voltade cando quixerdes (e, por suposto, avisádenos).

    Busca máis noticias nosas en http://iespaz-andradecomeni.tripod.com/ e non perdas o contacto.


ies.paz.andrade@edu.xunta.es