a nosa
crónica
da viaxe

just for

leave your message just now clicking here

STUDENTS'

ahead to Pori

Co mMuniCAtioN

who we are

write

a message       read the others' messages

 

  

  

  
a Comenius project web site



Students from Galiza, Portugal, Finland and Norway in Pori's meeting

 

 

more photos

   

Some students from the schools in the project met and lived next to our Finnish mates in Pori. It was so exciting!!



Hi ! We're the Portuguese students: Cátia, Ângela e Vânia.
      Click here to write to us please 
We wish to answeryou quickly!

Use this page to communicate

Send whatever to be displayed here (e-mail, greetings, etc.)


Hello from Galiza: Izaskun and Cris are also waiting for your contacts. Write to us !

Velaquí un pequeno resume da nosa viaxe con final “feliz”, pero hai que resaltar unha cousa, conseguimos algo que nunca imaxinariamos: comunicarnos sen problemas nunha lingua que non é nosa e iso faite sentir ben, faiche sentir que podes viaxar polo mundo sen ningún problema e que ti es quen de facer chegar as túas ideas a todo o mundo. (Izas)

A experiencia foi impresionante: comunícaste con outra persoa cun idioma que non é o teu, coñeces un país, fas amigos, ... (Cris)

Mércores, 22 de Maio

¡Por fin!, despois de tanta espera e de unha noite sen durmir chegou o gran día: íamos partir cara Finlandia. Ata daban arrepíos de pensalo.

Tras unha pequena viaxe en coche cara Porto e de saudar as nosas amigas portuguesas que nos acompañaron durante toda a viaxe, subimos ó tan esperado avión, era a primeira vez e as dúas estabamos dos nervios, aínda así todo foi moi ben e xa tiñamos ganas de subir ó seguinte.

Tras 4 horas en París sen poder saír do aeroporto (os bolos de París están boísimos) montamos no seguinte avión directos cara Helsinki. Desta vez tocounos a carón da fiestra e foi máis divertido. Cando chegamos (case as 11 da noite) collemos un autobús e fomos cara o hotel. Polo camiño topamos cun rapaz venezolano que veu falar con nós ó escoitar que falabamos castelán.

Xoves, 23 de Maio

Foi unha boa noite e o máis raro foi que ás 4 da mañán xa era día. A mañán seguinte fomos dar un paseo por Helsinki e pareceunos unha cidade preciosa, visitamos a catedral, o mercado, vimos a universidade e ata o senado; alí foi onde empezamos a cambiar os primeiros euros.

Ás dúas e algo collemos o tren (polos pelos), onde coñecemos os rapaces noruegos cos que estivemos falando (máis ben intentandoo, pois eran moi calados) case toda a viaxe. Foi moi bonito coñecer a unha persoa doutro país e poderse comunicar.

Chegamos a Pori onde os profesores finlandeses nos estaban a esperar, fomos ó hotel dos profesores e despois fomos cear a un restaurante cerca dun río, era moi bonito.

Cando acabamos de cear, Mauri e Laila (profesores finlandeses) levaronnos cara Reposaari, onde os nosos hóspedes nos estaban a esperar. Todas (as 5) estabamos dos nervios por coñecelos e porque naquela noite non poderiamos falar con ninguén no noso idioma. Todas nos facíamos a mesma pregunta ¿e se non nos entendemos?

Chegamos á illa de Repossari e parecía como se todo o pobo estivese alí agardándonos, en canto as nosas amigas se achegaron e empezaron a falarnos todos os nervos desapareceran, non había nada que temer.

Venres, 24 de Maio

Chegamos ó colexio e repartíronnos en 4 grupos, todos íamos facer o mesmo pero en distinta orde. No meu grupo estaban: Suvi, Lotta, Ann, Mads, José João e a profesora noruega. Primeiro visitamos algunhas clases, como a de química, a biblioteca e a de carpintería, despois fomos tomar un zumo cuns pasteliños todos xuntos nunha clase, e cando rematamos fomos ó colexio dos nenos pequenos, onde todo o mundo estaba descalzo nas aulas, cousa que nos sorprendeu moito.

Aínda que non tiñamos moito tempo fomos ver a igrexa e cando chegamos de volta ó colexio subimos no autobús para marcharnos a Pori, xa que íamos comer no concello.

Tivemos a tarde libre e cada un fixo o que lle deu a gana en Pori co seu amigo e despois todos collemos un autobus de liña cara Reposaari.

Sábado, 25 de Maio

Tivemos toda a mañá libre e a maioría decidimos durmir, xa que estabamos moi casados. Ás duas collemos un autobús cara Yyteri, é dicir cara a praia. Estivemos alí como media hora e despois marchamos cara o local dun sindicato que estaba ó lado do mar, alí había xogos, columpios, e o máis importamte para nós, a sauna.

Despois de xogar e pasar o tempo, fomos á sauna, foi unha experiencia moi rara pois non podía entender como aguantaban aquela temperatura, era demasiado alta, pero elas aínda querían subila máis. O sistema da sauna era o seguinte: había algo así coma unha estufa, enriba tiña unhas pedras incandescentes e se ti querías subi-la temperatura só tiñas que botar auga fría sobre as pedras. Cando saías da sauna tiñas que meterte na auga xeada do mar.

Saímos da sauna e ceamos algo, despois as portuguesas fixeron un guiñol representando a súa lenda. Foi moi bonito o malo foi que só nós poidemos entendelo.

Sábado, 26 de Maio

Ás dez da mañán e con caras moi tristes marchamos no tren cara Helsinki, polo camiño tivemos que cambiar de tren e no segundo os noruegos regaláronnos unha barriña de chocolate que estaba moi moi boa.

Chegamos a Helsinki e no aeroporto nos despedimos dos noruegos, sempre dándonos a man, pois alí o dos bicos non se leva, collemos o avión outra vez polos pelos e nos diriximos a París para facer escala por segunda vez.

Chegamos a Porto, si: nós chegamos pero as nosas maletas non, incrible, a viaxe fora demasiado boa, evidentemente faltaba algo así.

Chegamos a Vigo e cada un á súa casa, sen roupa que poñer ó día seguinte, claro.

(Izas, alumna de 3º da ESO no IES Valentín Paz Andrade - Vigo)


O día 22 de Maio saímos de Vigo e no Porto encontrámonos coas rapazas de Portugal e o seu profesor. No aeroporto Mário de Sá Carneiro collemos o avión. Para min e para a miña compañeira era a primeira vez que subiamos nun avión; foi unha experiencia inolvidable. A escala foi en París, tiñamos pensado visitar Notre Dame pero non nos chegaba o tempo, polo que fomos tomar algo e probar os bolos de París. Volvemos ao aeroporto e collemos o voo con destino a Helsinqui.

            Chegamos á capital de Finlandia e dirixímonos ao hotel, no que pasamos unha noite. O hotel era moi cómodo e bonito, pasámolo moi ben no hotel coas compañeiras portuguesas. E coñecemos ás profesoras gregas.

Ao día seguinte pola mañá fomos visitar a cidade. Despois do mediodía collemos un tren para Pori, onde nos iamos instalar. No tren presentáronnos aos tres alumnos de Noruega e os seus porfesores. No transcurso da viaxe estivemos falando entre todos os alumnos: portugueses, noruegueses e nós.

Na estación estábannos a esperar profesores e o director do colexio onde as finlandesas estudian. Leváronnos ao hotel onde os profesores noruegueses, gregas, escocesas, o profesor de Portugal e o noso se ían hospedar o resto dos días.

Fomos cear todos xuntos e ao rematar a cea leváronnos ao colexio onde estaban as nosas respectivas familias. Esa noite eu estiven falando con ela sobre a viaxe, o que iamos facer,...

Ao día seguinte fomos á escola. Ensináronnola, e tamén a igrexa, a praia, ... Todos os días tiñamos actividades para facer, pero cando tiñamos tempo libre a miña compañeira finlandesa e eu iamos dar unha volta coas súas amigas. Tivemos un día pola tarde para comprar agasallos para as nosas familias.

O día da despedida foi moi triste, e a experiencia impresionante: comunícaste con outra persoa cun idioma que non é o teu, coñeces un país, fas amigos, ...

 Cris, alumna de 3º da ESO no IES V. Paz Andrade

voltar arriba