BORRADOR-ESTATUTOS da COORDENADORA de ENLs de Vigo e bisbarra Capítulo I.- Da constitución, denominación, ámbito territorial, actividade e domicilio social Artigo 1º.- A Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Vigo e bisbarra (CoordENLs-Vigo) constitúese como asociación de carácter non lucrativo, de ámbito comarcal e galego, e rexerase polas normas e principios contidos nestes estatutos e consoante a vixente Lei Orgánica 1/2002, reguladora do dereito de asociación, do 22 de marzo. Artigo 2º.- Os fins desta Coordenadora son: 1. Coordenar o traballo das ENLs dos centros de ensino, fomentar a realización e participación en actividades conxuntas, e veicular calquera iniciativa que xurda para a súa difusión e amplificación, de cara á plena normalización lingüística e cultural do ensino e da nosa sociedade. 2. Defender os direitos e intereses xerais das Equipas de Normalización Lingüística e das súas respectivas Comunidades Educativas. Artigo 3º.- Para o cumprimento dos fins descritos no artigo 2º, a asociación promoverá publicacións, encontros, xornadas, conferencias, colaboracións e todo aquilo que beneficie as finalidades perseguidas. Artigo 4º.- As Equipas de Normalización Lingüística asociadas incluirán no proxecto de Normalización dos seus centros a coordenación con outras ENLs, e a súa participación nesta Coordenadora, prevendo a posibilidade de realización de actividades conxuntas. Artigo 5º.- O domicilio social da Coordenadora é, inicialmente, a ENL A Miñoka, IES Valentín Paz Andrade, Estrada Vella de Madrid, 160; apartado de correos 1548--36200 Vigo. Capítulo II.- Das socias e socios: dereitos e deberes Artigo 6º.- Son socios e socias aquelas E.N.Ls e profesorado que subscriban a acta fundacional ou ingresen con posterioridade á fundación da asociación. Artigo 7º.- Establécese unha distinción entre as E.N.L. e o profesorado, en canto que serán as primeiras as que terán dereito exclusivo de voto. A cada ENL corresponderalle un só voto. As ENLs son, portanto, socias de número, con voz e voto, e a súa representación na Coordenadora é competencia de cada ENL. O profesorado, individualmente, son socias e socios honorarios, con voz e sen voto particular no seo da Coordenadora; o seu dereito a voto no que atinxe aos asuntos da Coordenadora é exercido nas ENLs dos seus centros. Artigo 8º.- Fora do establecido no artigo 7º, todos os socios e socias terán igualdade de dereitos desde o momento da súa admisión. Son dereitos dos socios e socias: 1. Tomar parte nas Asembleas Xerais con voz, e voto segundo o art. 6º 2. Elixiren (as ENLs) e seren elixidas e elixidos para cargos directivos. 3. Desfrutar dos beneficios e dereitos que lles correspondan como membros da asociación. 4. Ter acceso á información que posúa a Coordenadora sita a tal efecto no local social 5. Intervir no desenvolvemento da Coordenadora. 6. Asistir aos actos convocados pola Coordenadora. Artigo 9º.- Son deberes das socias e socios: 1. Cumprir os preceptos que dictaminan estes Estatutos. 2. Desempeñar os cargos para os que foron elixidas ou elixidos. 3. Asistir á Asemblea Xeral. 4. Respectar o establecido nestes Estatutos. Artigo 10º.- As ENLs e persoas que queiran ser socias manifestarán o seu desexo de formaren parte da Coordenadora e serán admitidas pola Xunta Directiva, que estará obrigada a declarar procedente a admisión de todos aqueles que o soliciten e cumpran as condicións esixidas nestes Estatutos. A Asemblea Xeral ordinaria será informada das novas incorporacións e deberá ratificalas. Artigo 11º.- Perda da condición de socia ou socio: 1. Por vontade propia. 2. Por actuacións obxectivábeis que vaian de forma grave en contra da Coordenadora ou dos seus fins, sen merma do dereito de libre expresión e actuación das socias e socios. Artigo 12º.- A decisión de expulsión de socios ou socias terá carácter excepcional e será tomada pola Xunta Directiva, logo de audiencia previa á interesada ou interesado, quen poderá impugnar a sanción ante a Asemblea inmediata que se convocar, sen prexuízo da súa efectividade, salvo invalidación pola Asemblea. En todo caso, a Asemblea será informada da sanción, incluída na orde do día, e deberá ser ratificada por ela. Capítulo III.- Dos órganos directivos e asembleas Artigo 13º.- Son órganos da asociación: · A Asemblea Xeral de socios e socias · A Xunta Directiva · As comisións que se poidan constituír. Artigo 14º.- A Asemblea Xeral de socias e socios é o órgano de expresión da vontade da Coordenadora e estará formada por todos os membros da mesma. A Asemblea poderá ser ordinaria ou extraordinaria e terá a facultade de referendar ou rexeitar os acordos da Xunta Directiva. Artigo 15º.- Son competencias da Asemblea Xeral ordinaria: · Avaliar e decidir a liña de actuación e actividades da Coordenadora · O nomeamento de cargos · Decidir sobre os asuntos propostos pola Xunta Directiva ou polas socias e socios · Ratificar ou invalidar os acordos de admisión ou exclusión de socias e socios tomados pola Xunta Directiva. · Examinar as contas e aprobar o orzamento e a memoria anuais Artigo 16º.- Son competencias da Asemblea Xeral extraordinaria: · Modificar os estatutos da Coordenadora. · Solicitar a fusión, integración ou colaboración con outros organismos que persigan idénticos fins. · Todos aqueles asuntos que a Xunta Directiva estime necesario ou conveniente, por propia iniciativa ou a pedimento da Asemblea Xeral ordinaria Artigo 17º.- As Asembleas extraordinarias conformaranas os socios e socias asistentes, sempre que concorran, como mínimo, a metade máis un dos socios e socias con dereito a voto na primeira convocatoria, ou, transcorrida media hora, en segunda convocatoria, con calquera número de asistentes. Artigo 18º.- A Asemblea Xeral ordinaria reunirase previa convocatoria en que se exporá a orde do día con polo menos 48 horas de antelación. Artigo 19º.- A Asemblea Xeral extraordinaria reunirase en convocatoria especial por pedimento da Xunta Directiva ou da Asemblea Xeral ordinaria, e cunha antelación de polo menos dez días. Artigo 20º.- O/A Presidente/a e o/a Secretario/a das Asembleas serán membros da Xunta Directiva. Artigo 21º.- Os acordos adoptados sobre os asuntos propios das Asembleas Xerais ordinarias deberán selo polo voto afirmativo da maioría simple dos e das asistentes con dereito a voto. Nos temas propios das Asembleas Extraordinarias requirirase unha maioría de dous tercios. As votacións serán a man alzada a non ser que algunha socia ou socio solicite o voto secreto. Artigo 22º.- Os acordos adoptados pola Asemblea sempre poderán ser impugnados en base aos Estatutos vixentes e por acordo da Asemblea Extraordinaria. Artigo 23º.- A Asemblea Xeral reunirase cando menos unha vez por ano e cantas veces o acorde a Xunta Directiva ou o soliciten como mínimo tres socias numerarias ou honorarias de centros diferentes. Artigo 24º.- A Xunta Directiva estará integrada por cinco vocais, necesariamente persoas con destino en distintos centros educativos. O número de vocais poderá ser modificado por proposta da Xunta Directiva e ratificado en Asemblea Xeral. Artigo 25º.- A Xunta Directiva terá unha duración de un ano e as persoas que forman parte dela poderán ser novamente elixidas ó remataren o mandato. En calquera caso, os cargos poderán ser revogados e estarán sempre a disposición da Asemblea Xeral. Artigo 26º.- Serán competencias da Xunta Directiva: 1. Desempeñar a representación da Coordenadora. 2. Convocar as Asembleas e executar os seus acordos. 3. Acordar a admisión de novos socios e socias. 4. Velar polo cumprimento dos fins da Coordenadora. 5. Custodiar e encargarse dos libros de actas e de rexistro de socios e socias, dos documentos e dos carimbos da asociación. 6. Redactar as actas das reunións e expedir certificación destas. 7. Custodiar e administrar os fondos da Coordenadora e libro de contas. 8. Autorizar a disposición de fondos. Artigo 27º.- As funcións de Presidencia, Secretaría, Tesourería e Vocalías poderán ser exercidas alternativamente por calquera dos membros da Xunta Directiva, por acordo desta, e mentres non se produzan ingresos que haxa que administrar, momento no que se responsabilizará aos seus membros personalizando os cargos da Xunta Directiva. Capítulo IV.- Do patrimonio fundacional, recursos económicos previstos, forma de administración e límites do orzamento anual Artigo 28º.- A Coordenadora, que ó iniciar as súas actividades carece de patrimonio, utilizará en cumprimento dos seus fins os seguintes medios económicos: a) As achegas económicas voluntarias. b) As subvencións que reciba. c) Os beneficios que se obtiveren conforme a Lei e os presentes Estatutos A facultade para administrar o patrimonio da Coordenadora corresponde á Xunta Directiva. Artigo 29º.- Desde o momento en que se produzan movementos económicos, practicarase inventario e balanzo da situación e formalizarase unha memoria con carácter anual, que serán postos a disposición dos socios e socias durante un prazo non inferior ós dez días anteriores á celebración da Asemblea Xeral ordinaria, a cal deberá aprobalas ou censuralas. Artigo 30º.- A partir da situación descrita no artigo anterior, a Xunta Directiva redactará unha proposta de orzamento, que poderá ser modificada pola Asemblea, e sobre a cal será aprobado un orzamento anual pola Asemblea Xeral ordinaria. Capítulo V.- Da disolución da Coordenadora e liquidación do patrimonio Artigo 31º.- A duración da Coordenadora será indefinida. Artigo 32º.- Para a reforma ou modificación dos estatutos será preciso o acordo da Asemblea Xeral convocada para tal fin con carácter extraordinario e coa aprobación das dúas terceiras partes dos socios e socias con dereito a voto presentes. Artigo 33º.- A Coordenadora disolverase polas seguintes causas: 1. Por vontade da Asemblea Xeral e acordada a disolución polas dúas terceiras partes dos socios e socias con dereito a voto. 2. Por outras causas determinadas legalmente ou por sentencia xudicial. 3. Por fusión con outra organización que persiga fins semellantes. Artigo 34º.- No caso de disolución, a Asemblea Xeral designará dous socios ou socias liquidadores quen, coa Xunta Directiva, procederán a efectuar a liquidación. O haber resultante, unha vez realizada a liquidación, doaráselle a unha entidade de carácter non lucrativo e de ámbito galego. A partir de aquí, é copia coas emendas habidas ao 1º borrador (enviado en Abril) salientadas no articulado en negrita BORRADOR-ESTATUTOS da COORDENADORA de ENLs de Vigo e bisbarra Capítulo I.- Da constitución, denominación, ámbito territorial, actividade e domicilio social Artigo 1º.- A Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Vigo e bisbarra (CoordENLs-Vigo) constitúese como asociación de carácter non lucrativo, de ámbito comarcal e galego, e rexerase polas normas e principios contidos nestes estatutos e consoante a vixente Lei Orgánica 1/2002, reguladora do dereito de asociación, do 22 de marzo. Artigo 2º.- Os fins desta Coordenadora son: 1. Coordenar o traballo das ENLs dos centros de ensino, fomentar a realización e participación en actividades conxuntas, e veicular calquera iniciativa que xurda para a súa difusión e amplificación, de cara á plena normalización lingüística e cultural do ensino e da nosa sociedade. 2. Defender os direitos e intereses xerais das Equipas de Normalización Lingüística e das súas respectivas Comunidades Educativas. Artigo 3º.- Para o cumprimento dos fins descritos no artigo 2º, a asociación promoverá publicacións, encontros, xornadas, conferencias, colaboracións e todo aquilo que beneficie as finalidades perseguidas. Artigo 4º.- As Equipas de Normalización Lingüística asociadas incluirán no proxecto de Normalización dos seus centros a coordenación con outras ENLs, e a súa participación nesta Coordenadora, prevendo a posibilidade de realización de actividades conxuntas. Artigo 5º.- O domicilio social da Coordenadora é, inicialmente, a ENL A Miñoka, IES Valentín Paz Andrade, Estrada Vella de Madrid, 160; apartado de correos 1548--36200 Vigo. Capítulo II.- Das socias e socios: dereitos e deberes Artigo 6º.- Son socios e socias aquelas E.N.Ls e profesorado que subscriban a acta fundacional ou ingresen con posterioridade á fundación da asociación. Artigo 7º.- Establécese unha distinción entre as E.N.L. e o profesorado, en canto que serán as primeiras as que terán dereito exclusivo de voto. A cada ENL corresponderalle un só voto. (Aquí eliminouse o da falta de consenso no voto porque anularía a capacidade de decidir por maioría dunha ENL caso de non ter consenso interno) As ENLs son, portanto, socias de número, con voz e voto, e a súa representación na Coordenadora é competencia de cada ENL. O profesorado, individualmente, son socias e socios honorarios, con voz e sen voto particular no seo da Coordenadora; o seu dereito a voto no que atinxe aos asuntos da Coordenadora é exercido nas ENLs dos seus centros. Artigo 8º.- Fora do establecido no artigo 7º, todos os socios e socias terán igualdade de dereitos desde o momento da súa admisión. Son dereitos dos socios e socias: 1. Tomar parte nas Asembleas Xerais con voz , e voto segundo o art. 6º 2. Elixiren (as ENLs) e seren elixidos e elixidas para cargos directivos. 3. Desfrutar dos beneficios e dereitos que lles correspondan como membros da asociación. 4. Ter acceso á información que posúa a Coordenadora sita a tal efecto no local social 5. Intervir no desenvolvemento da Coordenadora. 6. Asistir aos actos convocados pola Coordenadora. Artigo 9º.- Son deberes das socias e socios: 1. Cumprir os preceptos que dictaminan estes Estatutos. 2. Desempeñar os cargos para os que foron elixidas ou elixidos. 3. Asistir á Asemblea Xeral. 4. Respectar o establecido nestes Estatutos. Artigo 10º.- As ENLs e persoas que queiran ser socias manifestarán o seu desexo de formaren parte da Coordenadora e serán admitidas pola Xunta Directiva, que estará obrigada a declarar procedente a admisión de todas aquelas e aqueles que o soliciten e cumpran as condicións esixidas nestes Estatutos. A Asemblea Xeral ordinaria será informada das novas incorporacións e deberá ratificalas. Artigo 11º.- Perda da condición de socia ou socio: 1. Por vontade propia. 2. Por actuacións obxectivábeis que vaian de forma grave en contra da Coordenadora ou dos seus fins, sen merma do dereito de libre expresión e actuación das socias e socios. Artigo 12º.- A decisión de expulsión de socios ou socias terá carácter excepcional e será tomada pola Xunta Directiva, logo de audiencia previa á interesada ou interesado, quen poderá impugnar a sanción ante a Asemblea inmediata que se convocar, sen prexuízo da súa efectividade, salvo invalidación pola Asemblea. En todo caso, a Asemblea será informada da sanción, incluída na orde do día, e deberá ser ratificada por ela. Capítulo III.- Dos órganos directivos e asembleas Artigo 13º.- Son órganos da asociación: · A Asemblea Xeral de socios e socias · A Xunta Directiva · As comisións que se poidan constituír. Artigo 14º.- A Asemblea Xeral de socias e socios é o órgano de expresión da vontade da Coordenadora e estará formada por todos os membros da mesma. A Asemblea poderá ser ordinaria ou extraordinaria e terá a facultade de referendar ou rexeitar os acordos da Xunta Directiva. Artigo 15º.- Son competencias da Asemblea Xeral ordinaria: · Avaliar e decidir a liña de actuación e actividades da Coordenadora · O nomeamento de cargos · Decidir sobre os asuntos propostos pola Xunta Directiva ou polas socias e socios · Ratificar ou invalidar os acordos de admisión ou exclusión de socias e socios tomados pola Xunta Directiva. · Examinar as contas e aprobar o orzamento e a memoria anuais Artigo 16º.- Son competencias da Asemblea Xeral extraordinaria: · Modificar os estatutos da Coordenadora. · Solicitar a fusión, integración ou colaboración con outros organismos que persigan idénticos fins. · Todos aqueles asuntos que a Xunta Directiva estime necesario ou conveniente, por propia iniciativa ou a pedimento da Asemblea Xeral ordinaria Artigo 17º.- As Asembleas extraordinarias conformaranas os socios e socias asistentes, sempre que concorran, como mínimo, a metade máis un dos socios e socias con dereito a voto na primeira convocatoria, ou, transcorrida media hora, en segunda convocatoria, con calquera número de asistentes. Artigo 18º.- A Asemblea Xeral ordinaria reunirase previa convocatoria en que se exporá a orde do día con polo menos 48 horas de antelación. Artigo 19º.- A Asemblea Xeral extraordinaria reunirase en convocatoria especial por pedimento da Xunta Directiva ou da Asemblea Xeral ordinaria, e cunha antelación de polo menos dez días. Artigo 20º.- O/A Presidente/a e o/a Secretario/a das Asembleas serán membros da Xunta Directiva. Artigo 21º.- Os acordos adoptados sobre os asuntos propios das Asembleas Xerais ordinarias deberán selo polo voto afirmativo da maioría simple dos e das asistentes con dereito a voto. Nos temas propios das Asembleas Extraordinarias requirirase unha maioría de dous tercios. As votacións serán a man alzada a non ser que algunha socia ou socio solicite o voto secreto. Artigo 22º.- Os acordos adoptados pola Asemblea sempre poderán ser impugnados en base aos Estatutos vixentes e por acordo da Asemblea Extraordinaria. (Artigo 21º.- Os acordos adoptados nas Asembleas obrigarán a todos os socios e socias, mesmo ós non asistentes. ELIMINADOS OS ART. ANTERIOR E POSTERIOR Artigo 22º.- Os acordos que vaian contra os estatutos ou infrinxan os fins da coordinadora poderán ser recorridos ante a Asemblea Xeral. ) Artigo 23º.- A Asemblea Xeral reunirase cando menos unha vez por ano e cantas veces o acorde a Xunta Directiva ou o soliciten como mínimo tres socias numerarias, ou honorari@s de centros diferentes. Artigo 24º.- A Xunta Directiva estará integrada por cinco vocais, necesariamente persoas con destino en distintos centros educativos. O número de vocais poderá ser modificado por proposta da Xunta Directiva e ratificado en Asemblea Xeral. Artigo 25º.- A Xunta Directiva terá unha duración de un ano e as persoas que forman parte dela poderán ser novamente elixidas ó remataren o mandato. En calquera caso, os cargos poderán ser revogados e estarán sempre a disposición da Asemblea Xeral. Artigo 26º.- Serán competencias da Xunta Directiva: 1. Desempeñar a representación da Coordenadora. 2. Convocar as Asembleas e executar os seus acordos. 3. Acordar a admisión de novos socios e socias. 4. Velar polo cumprimento dos fins da Coordenadora. 5. Custodiar e encargarse dos libros de actas e de rexistro de socios e socias, dos documentos e dos carimbos da asociación. 6. Redactar as actas das reunións e expedir certificación destas. 7. Custodiar e administrar os fondos da Coordenadora e libro de contas. 8. Autorizar a disposición de fondos. Artigo 27º.- As funcións de Presidencia, Secretaría, Tesourería e Vocalías poderán ser exercidas alternativamente por calquera dos membros da Xunta Directiva, por acordo desta, e mentres non se produzan ingresos que haxa que administrar, momento no que se responsabilizará personalizando os cargos da Xunta Directiva. Capítulo IV.- Do patrimonio fundacional, recursos económicos previstos, forma de administración e límites do orzamento anual Artigo 28º.- A Coordenadora, que ó iniciar as súas actividades carece de patrimonio, utilizará en cumprimento dos seus fins os seguintes medios económicos: d) As achegas económicas voluntarias. e) As subvencións que reciba. f) Os beneficios que se obtiveren conforme a Lei e os presentes Estatutos A facultade para administrar o patrimonio da Coordenadora corresponde á Xunta Directiva. Artigo 29º.- Desde o momento en que se produzan movementos económicos, practicarase inventario e balanzo da situación e formalizarase unha memoria con carácter anual, que serán postos a disposición dos socios e socias durante un prazo non inferior ós quince días anteriores á celebración da Asemblea Xeral ordinaria, a cal deberá aprobalas ou censuralas. Artigo 30º.- A partir da situación descrita no artigo anterior, a Xunta Directiva redactará unha proposta de orzamento, que poderá ser modificada pola Asemblea, e sobre a cal será aprobado un orzamento anual pola Asemblea Xeral ordinaria. Capítulo V.- Da disolución da Coordenadora e liquidación do patrimonio Artigo 31º.- A duración da Coordenadora será indefinida. Artigo 32º.- Para a reforma ou modificación dos estatutos será preciso o acordo da Asemblea Xeral convocada para tal fin con carácter extraordinario e coa aprobación das dúas terceiras partes dos socios e socias con dereito a voto presentes. Artigo 33º.- A Coordenadora disolverase polas seguintes causas: 1. Por vontade da Asemblea Xeral e acordada a disolución polas dúas terceiras partes dos socios e socias con dereito a voto. 2. Por outras causas determinadas legalmente ou por sentencia xudicial. 3. Por fusión con outra organización que persiga fins semellantes. Artigo 34º.- No caso de disolución, a Asemblea Xeral designará dous socios ou socias liquidadores quen, coa Xunta Directiva, procederán a efectuar a liquidación. O haber resultante, unha vez realizada a liquidación, doaráselle a unha entidade de carácter non lucrativo e de ámbito galego.